accesskey_mod_conten
Bar separa corpo da cabeceira

Cambio entidade sanitaria

1. Cambio Ordinario:

Durante os meses de xaneiro e xuño, os mutualistas e os beneficiarios con Documento asimilado ao de Afiliación, que estean adscritos aos Servizos Públicos de Saúde ou ás Entidades de Seguro de Asistencia Sanitaria, poden solicitar o cambio de Entidade, por unha soa vez en cada período ordinario de cambio.

Só admitirase unha solicitude de cambio en cada período ordinario. Os titulares que non soliciten cambio continuarán adscritos á mesma Entidade que o estean a 31 de decembro ou, no seu caso, a 31 de maio de cada ano.

2. Cambio extraordinario:

2.1 Cambio fóra do período ordinario

Fóra do período ordinario, poderase autorizar o cambio de Entidade de Seguro de Asistencia Sanitaria ou de adscrición aos Servizos Públicos de Saúde:

  • Cando se produza un cambio de destino do mutualista en activo que implique traslado a outra provincia ou illa.
  • Cando, mantendo a súa localidade de destino, o mutualista cambie o seu domicilio a outra provincia ou illa.
  • Cando se produza un cambio de domicilio, con cambio de provincia ou illa de residencia do titular, e este sexa mutualista xubilado  beneficiario que teña esta condición por falecemento, separación, divorcio ou nulidade do matrimonio do mutualista e posúa un documento asimilado ao de afiliación expedido por MUFACE. Este dereito poderá exercitarse por unha soa vez cada ano.
  • Cando o mutualista obteña a conformidade, expresada por escrito, das Entidades afectadas. Este suposto inclúe o cambio a calquera entidade de seguro desde a rede sanitaria pública, pero non o caso contrario que se regula no epígrafe 2.2 seguinte.
  • Cando o mutualista pase a quedar comprendido no colectivo protexido polo Concerto en territorio nacional ao extinguirse o seu dereito a quedar protexido polo Concerto de asistencia sanitaria aos mutualistas destinados e/ou residentes no estranxeiro, a condición de que dita extinción non se deba á perda da condición de mutualista.
  • Cando, por concorrer circunstancias obxectivas que xustifiquen o cambio dunha pluralidade de titulares afectados polo mesmo problema de asistencia médica, a Dirección Xeral de MUFACE acorde á apertura de prazo especial de elección de Entidades, incluído, no seu caso, os Servizos Públicos de Saúde.

2.2 Cambio extraordinario aos Servizos Públicos de Saúde

Cando o titular o solicite por razóns de asistencia médico-hospitalaria e sexa aprobado por unha Comisión Paritaria MUFACE/SEGURIDADE SOCIAL. Neste suposto, xunto coa solicitude, o titular deberá achegar informe médico no que conste o diagnóstico do proceso patolóxico padecido por el ou por algún dos seus beneficiarios e as razóns que aconsellan o seu tratamento nun Centro do Sistema Sanitario Público. Ademais, deberá facer constar expresamente que asume a obrigación de permanecer dous anos adscrito aos Servizos Públicos de Saúde, no caso de que lle sexa concedido o cambio.

Procedemento de cambio de Entidade

Mediante este procedemento pódense efectuar cambios ordinarios entre Entidades de Seguro Privado de Asistencia Sanitaria, así como cambios de entidade privada  ao Sistema Nacional de Saúde ou viceversa para a percepción da asistencia sanitaria a través dos Servizos públicos de Saúde da súa Comunidade Autónoma de residencia ou viceversa.

Pode realizar este trámite a través da Sede Electrónica de Muface, as 24 horas do día, todos os días do ano, sen necesidade de acudir ás nosas oficinas, utilizando os medios de acceso proporcionados pola plataforma Cl@ve(Abre en nueva ventana)  (certificado dixital, DNI electrónico, Cl@ve Permanente ou Cl@ve PIN). Se desexa rexistrarse en Cl@ve, hai oficinas de MUFACE nas que pode facelo, coñeza aquí cales son , e para coñecer outros modos de facelo, entre aquí.

Ademais, pode realizalo acudindo ás nosas Oficinas , ou en calquera dos rexistros previstos no art. 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Para efectuar o cambio de Entidade,  o mutualista deberá presentar xunto á súa solicitude, o Documento de Afiliación ou, no seu caso, o Documento asimilado ao de Afiliación

Modelo de Solicitude Cambio_de_Entidade(Abre en nueva ventana)