accesskey_mod_conten
Bar separa corpo da cabeceira

Subsidio de xubilación

Tipo de prestación

Prestación de pago único.

De que se trata?

Prestación económica de pago único que recibe o persoal mutualista na data da súa xubilación forzosa por idade ou por incapacidade permanente.

Contía

Pago por unha soa vez da metade do importe íntegro dunha mensualidade ordinaria das retribucións básicas que lle corresponda percibir no momento da súa xubilación.

Quen pode percibir a axuda

Mutualistas xubilados forzosos por razón da idade ou por incapacidade permanente para o servizo en situación de alta ou asimilada.

A xubilación voluntaria anticipada non causa dereito a este subsidio.

Prazo de presentación

Durante os cinco anos seguintes a partir da data da xubilación .

Lugar de presentación

•A través da sede electrónica de MUFACE as 24 horas do día, todos os días do ano, sen necesidade de acudir ás nosas oficinas. Precísase certificado electrónico en vigor, DNI electrónico, Cl@ve Permanente ou Cl@ve PIN. Se desexa rexistrarse en Cl@ve, hai oficinas de MUFACE nas que pode facelo, coñeza aquí cales son , e para coñecer outros modos de facelo, entre aquí .

• Nas nosas Oficinas de MUFACE ou en calquera dos rexistros previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo das Administracións Públicas.

Documentación

Modelo de solicitude (1236  KB)Icono pdf

Modelo 145-comunicación de datos ao pagador (832  KB)Icono pdf

A falta de comunicación ao órgano encargado do pago das circunstancias persoais ou da súa variación, determinará que se aplique o tipo de retención correspondente, sen ter en conta ditas circunstancias (Art. 88.2 do Regulamento do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas).

Normativa

Art.131 do Regulamento Xeral do Mutualismo Administrativo(Abre en nueva ventana) .

Orde HAP/2786/2012, de 19 de decembro(Abre en nueva ventana) , pola que se modifica a Orde de 29 de xullo de 1987, pola que se establece, co carácter de prestación de asistencia social, unha axuda económica para a adquisición de vivendas por mutualistas de MUFACE, a Orde de 30 de decembro de 1988, pola que se revisan as contías de determinadas prestacións económicas da Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado e a Orde APU/95/2004, de 12 de xaneiro, pola que se ditan normas para a aplicación do subsidio por defunción no réxime especial de Seguridade Social dos Funcionarios Civís do Estado. (BOE de 27 de decembro)