Axudas para a atención de enfermos psiquiátricos
Tipo de prestación
Axudas de protección sociosanitaria
De que se trata?
Axuda económica destinada aos mutualistas e beneficiarios que padezan un proceso psiquiátrico crónico que faga necesaria a súa permanencia en ambiente controlado en hospitais, centros ou unidades psiquiátricas recoñecidas, sempre que non teñan dereito a asistencia sanitaria para esta continxencia, nin cuberta a prestación por outras vías.
Contía
A contía establécese nun máximo de 87,00 euros por día de internamento, co límite do custo abonado polo interesado.
Beneficiario
Os mutualistas en alta ou situación asimilada e os seus beneficiarios.
Prazo de presentación
As solicitudes poden presentarse ata o 31 de decembro de 2020, inclusive
.
Lugar de presentación
Nas nosas Oficinas de MUFACE, siempre con cita previa, ou en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.Tamén por correu postal.
Tamén pode presentar a MUFACE esta solicitude a través do Rexistro Electrónico Común (REC) da Administración Xeral do Estado. Para iso debe dispor de DNI electrónico ou certificado electrónico en vigor.
Documentación
Instrucións para a súa formalización (92 KB)
Declaración responsable (46 KB)
Declaración responsable axuda enfermos psiquiátricos crónicos (34 KB)
Normativa
Art.135 do Regulamento Xeral do Mutualismo Administrativo.
Resolución de 7 de xullo de 2020 , da Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado , pola que se convoca a concesión de axudas de protección sociosanitaria durante o ano 2020 (BOE de 15 de xullo de 2020).