accesskey_mod_conten
Bar separa corpo da cabeceira

Bolsas de estudo con cargo ao Legado Casado de la Fuente

Tipo de prestación

Prestación de pago único.

De que se trata?

Forma parte do Programa de Acción Formativa.

Bolsas, financiadas con cargo ao "Legado Casado de la Fuente", para os fillos/as ou orfos/as de mutualistas mestres en medios rurais que cursen en 2019/2020 estudos de Enxeñaría Agronómica Superior ou de Grao equivalentes.

Apróbanse por convocatoria anual de Muface.

Contía

Bolsas de pago único de 221,25 euros cada unha.

Beneficiario

Os mutualistas que exerzan ou exercesen de mestres en medios rurais ou titulares asimilados para os seus beneficiarios en alta ou situación asimilada ao alta en MUFACE ou na Mutualidade Nacional de Ensino Primario no momento de presentar a solicitude, que manteñan dita condición ao entregar a documentación.

Serán beneficiarios destas bolsas o número de peticionarios indicado na convocatoria que, presentando a solicitude en prazo, obteñan mellores cualificacións, unha vez avaliados os datos académicos, e cumpran cos requisitos da convocatoria.

Plazo de presentación

Ata o 31 de outubro de 2019.        

Lugar de presentación

Nas nosas Oficinas de MUFACE ou en calquera dos rexistros a que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Tamén poden presentarse a través do Rexistro Electrónico Común  (REC), da Administración Xeral do Estado. Para iso, precisará certificado dixital ou DNI electrónico.

Documentación

Modelo de solicitude (279  KB)Icono pdf

Normativa

 

Resolución de 5 de setembro de 2019 ,(Abre en nova xanela) de MUFACE, pola que se convocan bolsas con cargo ao "Legado Casado de la Fuente", para o curso 2019/2020 (BOE de 16 de setembro)