accesskey_mod_conten
Bar separa corpo da cabeceira

Indemnización por lesións permanentes non invalidantes

Tipo de Prestación

Incapacidade

De que se trata?

Abono dunha indemnización por unha soa vez por lesións producidas en acto de servizo e cualificadas polo Equipo de Valoración de Incapacidades que teñan carácter definitivo e que constitúan unha alteración física sen que supoña a xubilación por incapacidade permanente para o servizo.

Contía

O abono dunha indemnización por unha soa vez:

- Baremo establecido para Réxime Xeral da Seguridade Social se non constitúen incapacidade permanente parcial.

-  Se as lesións constitúen incapacidade permanente parcial para a función habitual, 24 mensualidades da base de cotización vixente na primeira licenza por enfermidade ou, na súa falta, no mes no que se produciu o accidente en acto de servizo.

Beneficiario

Os mutualistas que sufrisen lesións, mutilaciones ou deformidades causadas por enfermidade profesional ou en acto de servizo.

Prazo de presentación

Cinco anos desde a data indicada pola primeira licenza por enfermidade ou desde o día que se produciron as lesións
.

Lugar de presentación

Nas nosas Oficinas   ou en calquera dos rexistros previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Tamén pode presentar a MUFACE esta solicitude a través do Rexistro Electrónico Común (REC) da Administración Xeral do Estado. Para iso debe dispor de DNI electrónico ou certificado electrónico en vigor.

Documentación

Modelo de solicitude (193  KB)Icono pdf

Modelo 145-comunicación de datos ao pagador (257  KB)Icono pdf

A falta de comunicación ao pagador das circunstancias persoais ou da súa variación, determinará que se aplique o tipo de retención correspondente, sen ter en conta ditas circunstancias (Art. 88.2 do Regulamento do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas)

Normativa

Art.28 da Lei sobre Seguridade Social dos Funcionarios Civís do Estado(Abre en nueva ventana)

Arts.109 a 112 do Regulamento Xeral do Mutualismo Administrativo(Abre en nueva ventana)