accesskey_mod_conten
Bar separa corpo da cabeceira

• Gratuidade de prestación farmacéutica derivada de accidente en acto de servizo

Tipo de prestación

Farmacéutica

De que se trata?

GRATUIDADE DOS MEDICAMENTOS PRESCRITOS POR PATOLOXÍA DERIVADA DE ACCIDENTE DE TRABALLO OU ENFERMIDADE PROFESIONAL.


A prestación farmacéutica derivada do tratamento das enfermidades profesionais e accidentes en acto de servizo (AT/EP) asúmese ao 100% pola Mutualidade, sendo obxecto do reintegro a cantidade abonada polo mutualista como achega dos medicamentos que, estando financiados polo SNS, teñan relación co accidente de traballo ou enfermidade profesional. Están excluídos os medicamentos non financiados polo SNS..

O modelo  de solicitude de reintegro dos medicamentos ou produtos dispensados por causa de accidente de servizo ou enfermidade profesional, tanto se se utilizou receita oficial de MUFACE coma se non se fixo así, unicamente requirirá achegar informe médico e  factura da oficina de farmacia.

O Servizo Provincial correspondente será o encargado de comprobar a existencia da resolución de accidente de traballo ou enfermidade profesional, e o posterior reintegro do 30% da achega dos medicamentos que lle foron prescritos para o tratamento do cadro expresamente declarado accidente de servizo ou enfermidade profesional.

O Modelo de Solicitude e o resto dos requisitos atoparaos en Reintegro de Gastos de Farmacia.