Asistencia Sanitaria en territorio nacional
MUFACE facilita a prestación de asistencia sanitaria establecida na carteira común do Sistema Nacional de Saúde aos mutualistas e aos seus beneficiarios, xa sexa a través de provedores públicos ou privados. Iso instruméntase, respectivamente, a través de Convenios que subscribe co Sistema Sanitario Público, e Concertos, acordados coas Entidades de Seguro de Asistencia Sanitaria privadas.
Nestes instrumentos de colaboración, Convenios e Concertos, estipúlanse os dereitos e obrigacións das partes, así como as modalidades, forma e condicións da prestación da asistencia dos mutualistas e beneficiarios con dereito a ela.
Provedores da Asistencia Sanitaria
Carteira de Servizos
A asistencia sanitaria aos beneficiarios de MUFACE prestarase conforme á Carteira de Servizos Común do Sistema Nacional de Saúde. Esta carteira vese garantida tanto no Convenio instrumentado co Instituto Nacional da Seguridade Social como no Concerto subscrito con Entidades de Seguro de Asistencia Sanitaria.
A Carteira de Servizos é o conxunto de técnicas, tecnoloxías ou procedementos, entendendo por tales cada un dos métodos, actividades e recursos baseados no coñecemento e experimentación científica, mediante os que se fan efectivas as prestacións sanitarias. Existen unha serie de pautas ou normas que regulan o acceso a esta carteira nos seus diversos niveis de atención, así como un sistema de reclamacións.
- Atención Primaria
- Atención Especializada
- Atención de Urxencia
- Transporte sanitario
- Normas de acceso á Carteira Concertada de Servizos. Utilización de medios non concertados - Prestacións que precisan autorización
-
Reclamacións da asistencia sanitaria prestada por entidades de seguro
- Texto do Convenio subscrito co INSS para o aseguramento do acceso á asistencia sanitaria dos beneficiarios para 2018-2022.
-
Texto do Concerto subscrito con Entidades de Seguro de Asistencia Sanitaria para 2018-2019 (pdf).