accesskey_mod_conten
Bar separa corpo da cabeceira

Subsidio por risco durante a lactación natural

Tipo de Prestación

Subsidio por  risco durante a lactación natural.

De que se trata?

É unha prestación económica que poden solicitar as mutualistas que obtivesen licenza por risco durante a lactación natural. Existe un modelo específico de parte para as situacións de risco.

Contía

O 100 % das retribucións complementarias devengadas no terceiro mes de licenza.

Beneficiaria

A mutualista que obtivese licenza por risco durante a lactación natural de fillos e fillas menores de nove meses.

Prazo de presentación

A partir do día 91º en situación de risco durante a lactación natural poderá solicitarse o subsidio a MUFACE.

Lugar de presentación

1) A través da Sede Electrónica de MUFACE ( acceso a guía(Abre en nueva ventana) ), as 24 horas do día, todos os días do ano. Precísase certificado electrónico, DNI electrónico, Cl@ve permanente ou Cl@ve PIN. Pode rexistrarse en Cl@ve, sen necesidade de desprazarse a unha oficina, accedendo á Sede Electrónica(Abre en nueva ventana) da Axencia Tributaria (apartado "Trámites Destacados/ Cl@ve" - acceso a solicitude de Cl@ve(Abre en nueva ventana) ): Recibirá unha carta cun código que deberá activar na Sede Electrónica da Seguridade Social.

2) Na unidade de persoal do organismo onde presta servizos, cumprimentando o impreso oficial que aparece máis abaixo.

3) Mediante correo postal, cumprimentando o mencionado impreso oficial.

4) En calquera dos rexistros previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

5) Nas nosas oficinas, acudindo con cita previa. Vexa nesta ligazón como pode solicitar a cita no seu Servizo Povincial.

Documentación

Modelo de solicitude (241  KB)Icono pdf

Impreso de cambio de conta bancaria (279  KB)Icono pdf

Solicitude incremento IRPF voluntario (200  KB)Icono pdf

Modelo 145 do IRPF -Comunicación de datos ao pagadorVentana nueva

Se non se presenta o modelo 145 do IRPF, calcularase o tipo de retención sen ter en conta as súas circunstancias persoais e familiares (art. 88.2 do Regulamento do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas).

O órgano de persoal comunicará a MUFACE a licenza do cuarto mes xunto co certificado das retribucións básicas e complementarias devindicadas ao comezo do terceiro mes de licenza e das complementarias deixadas de abonar a partir do día 91º.

Solicitude electrónica

Acceda agora para presentar a súa solicitude a través da Sede Electrónica (apartado "Prestacións Sociais/Solicitude de subsidio por IT, RE e RLN").

Normativa

Orde PRE/1744/2010, de 30 de xuño(Abre en nueva ventana) , pola que se regula o Procedemento de recoñecemento, control e seguimento das situacións de incapacidade temporal, risco durante o embarazo e risco durante a lactación natural no Réxime Especial da Seguridade Social dos Funcionarios Civís do Estado.