Axudas para enfermos celíacos
Tipo de prestación
Axudas de protección sociosanitaria
De que se trata?
Axudas para a compra dos produtos alimenticios elaborados, tratados ou preparados especialmente para responder as necesidades nutricionais particulares dos enfermos celíacos.
Incorpórase, como novidade, a “Solicitude de continuidade” da axuda concedida en 2019, á que poderán acceder aqueles *mutualistas que continúen reunindo os mesmos requisitos e manteñan as mesmas circunstancias polas que lles concederon dita prestación o ano pasado.
Os Servizos Provinciais, actuando de oficio, e unha vez verificados os datos do mutualista, enviarán ao interesado ao que lle corresponda dita axuda o correspondente impreso para que o remita á súa oficina, unha vez asinado, por correo postal ou ben confirmando a solicitude a través da sede electrónica da Mutualidade
Contía
As axudas configúranse como unha contía anual que estará en función da capacidade económica do beneficiario da prestación segundo baremo establecido na convocatoria, sendo o máximo anual de 618,00 euros e o mínimo de 339,90 euros.
A contía poderá ser prorrateada nos supostos a que se refire o epígrafe 7.2 da resolución da convocatoria para 2020.
Beneficiario
Aqueles mutualistas ou, no seu caso, os beneficiarios de MUFACE que padezan a enfermidade celíaca debidamente acreditada.
Prazo de presentación
As solicitudes poden presentarse ata o 31 de decembro de 2020, inclusive.
Lugar de presentación
La solicitude de prirmera adjudicación, as nosas Oficinas de MUFACE, siempre con cita previa , ou en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.Tamén por correu postal.
Tamén pode presentar a MUFACE esta solicitude a través do Rexistro Electrónico Común (REC) da Administración Xeral do Estado. Para iso debe dispor de DNI electrónico ou certificado electrónico en vigor.
O modelo de solicitude de continuidade pode presentarse na Sede Electrónica de Muface.
Documentación
Modelo de solicitude (instrucións no impreso)�s) (183 KB)
Declaración de rendementos (43 KB)
Declaración de pensións e prestacións (31 KB)
Declaración responsable (46 KB)
Modelo 145 - Comunicación de datos ao pagador (257 KB)
Continuidade
Solcitude de continuidade para personas celíacas.
A falta de comunicación ao pagador das circunstancias persoais ou da súa variación, determinará que se aplique o tipo de retención correspondente, sen ter en conta ditas circunstancias (Art. 88.2 do Regulamento do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas)
Normativa
Art.135 do Regulamento Xeral do Mutualismo Administrativo.
Resolución de 7 de xullo de 2020 , da Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado, pola que se convoca a concesión de axudas de protección sociosanitaria durante o ano 2020 (BOE de 15 de xullo de 2020).