Subsidio especial en caso de parto, adopción ou acollemento múltiples
Tipo de Prestación
Familiares
De que se trata?
Axuda económica de pago único á que teñen dereito as/os mutualistas cando se atopen nos supostos de feito legalmente establecidos de parto, adopción ou acollemento múltiples.
É compatible coa prestación económica de pago único por parto ou adopción múltiples.
Contía
É o 100% da base de cotización correspondente ao día do feito causante por 42 días (seis semanas de descanso obrigatorio) calculada en función do número de fillos ou menores acollidos simultaneamente a partir do segundo.
É dicir,
(Base de cotización no día do feito causante X 42 días / 365 días) X (Nº fillos simultáneos - 1) |
Bases de cotización anuais (De acordo co disposto Real Decreto-Lei 1/2020 de 14 de Janeiro, polo que se establece a revalorización e mantemento das pensións e prestacións públicas do sistema de Seguridade Social).
Grupo/Subgrupo (EBEP) |
Base de Cotización Euros/ano |
A1 | 42.184,02 |
A2 | 33.199,88 |
B | 29.071,88 |
C1 | 25.498,08 |
C2 | 20.173,20 |
E (Lei 30/84) e Agrupacións Profesionais (EBEP) | 17.199,27 |
Beneficiario
É necesario que no mutualista concorran os seguintes requisitos:
- Estar de alta ou en situación asimilada ao alta na Mutualidade na data do feito causante.
- Acreditar seis meses de cotización á Mutualidade.
- Gozar o período de descanso previsto no artigo 49 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP).
Percibirase:
- En caso de parto múltiple: calquera dos proxenitores, en función da opción escollida pola nai, no seu caso.
- En caso de adopción ou acollemento múltiples: calquera dos adoptantes ou acolledores, a elección de ambos.
Prazo de presentación
Cinco anos a partir da data do parto ou da data de resolución xudicial pola que se constitúe a adopción ou da data da decisión administrativa ou xudicial de acollemento, ou ben, cando se trate de acollemento simple, a data da comunicación do órgano competente da Comunidade Autónoma.
Lugar de presentación
Nas nosas Oficinas de MUFACE ou en calquera dos rexistros previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Tamén pode presentar a MUFACE esta solicitude a través do Rexistro Electrónico Común (REC) da Administración Xeral do Estado. Para iso debe dispor de DNI electrónico ou certificado electrónico en vigor.
Documentación
Polo menos deberase presentar a seguinte:
Declaración responsable (62 KB)
Normativa
Art.29 da Lei sobre Seguridade Social dos Funcionarios Civís do Estado
Arts.120 a 128 do Regulamento Xeral do Mutualismo Administrativo
Real Decreto 295/2009, de 6 de marzo , polo que se regulan as prestacións económicas do sistema da Seguridade Social por maternidade, paternidade, risco durante o embarazo e risco durante a lactación natural.