accesskey_mod_conten
Bar separa corpo da cabeceira

Axudas para a atención á drogodependencia e outras adiccións

Tipo de prestación

Axudas de protección sociosanitaria

De que se trata?

Son axudas para tratamentos a persoas en situación de drogodepencia, así como de adicción aos xogos de aposta (presencial e online), videoxogos e outras adiccións a través das novas tecnoloxías, que se realicen nun centro especializado ou mediante un/unha terapeuta individual especializado/a.

Quedan exceptuados das axudas o tratamento do tabaquismo e aqueles períodos nos que unicamente se leven a cabo procesos de desintoxicación ou de tratamento con agonistas, así como aqueloutros que, a xuízo de MUFACE, non correspondan aos fins destas axudas.

Contía

A contía máxima da axuda será de 250,00 euros/mes.

Quen se pode beneficiar da axuda

Mutualistas ou, no seu caso, beneficiarios e beneficiarias de MUFACE que precisen un tratamento integral da súa drogodependencia dirixido á rehabilitación e á reinserción sociolaboral, prescrito por psicólogo ou facultativo que sexa responsable da súa asistencia.

Prazo de presentación

As solicitudes poden presentarse ata o 31 de decembro de 2024, inclusive.

Lugar de presentación

  • A través da sede electrónica de MUFACE , as 24 horas do día, todos os días do ano, sen ter que acudir ás nosas oficinas. Requírese un certificado electrónico válido, DNI electrónico, Cl@ve permanente ou PIN Cl@ve. Se desexa rexistrarse en Cl@ve, hai oficinas de MUFACE nas que pode facelo.  Coñeza aquí cales son , e para coñecer outros modos de facelo, entre aquí(Abre en nueva ventana) .
  • Nas nosas Oficinas de MUFACE, sempre con quenda previa , ou en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Tamén por correu postal.

Documentación

Modelo de solicitude (454  KB)Icono pdf

Informe especialista (96  KB)Icono pdf

Declaración responsable  (52  KB)Icono pdf

Impreso de cambio de conta bancaria (294  KB)Icono pdf

Normativa