Subsidio defunción
Subsidio por defunción do Fondo Especial
Prestación de pago único.
De que se trata?
O subsidio é unha prestación de pago único que pretende compensar a perda económica que supón a morte do titular, e que só pode concederse se o causante tiña recoñecida pensión do Fondo Especial ou se, ao momento do falecemento, estaba afiliado a algunha das Mutualidades que as tivesen establecidas, e atopábase ao corrente na cotización específica á mesma, diferente á cotización xeral a MUFACE. O beneficiario pode ser o cónxuxe, fillos, etc.…, calquera dos aludidos na lista de prelación dos respectivos regulamentos.
Contía
Esta prestación é incompatible coa percepción de prestacións con idéntico contido outorgada polo Fondo Xeral de MUFACE.
Na práctica implica que se a contía a pagar polo Fondo Especial é inferior á do Fondo Xeral, non se abona. Pola contra, se non existe no Fondo Xeral por non ter dereito, ou a contía do Fondo Especial é superior, abónase a diferenza.
Cada Mutualidade aplica contía de acordo cos seus respectivos Regulamentos.
Prazo de presentación
Esta prestación é imprescriptible, pero dependendo de cada Mutualidade os dereitos económicos soamente poden retrotraerse nunha pinza que vai desde o tres meses a cinco anos.
Lugar de presentación
Nas nosas Oficinas de MUFACE ou en calquera dos rexistros previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Documentación
- Libro de familia, completo y actualizado (con anotación de defunción), en su ausencia, certificado literal de matrimonio, o de relación de parentesco, de fecha posterior a la defunción.
- Certificado de defunción.
- Si el huérfano está incapacitado, certificado del órgano competente acreditativo de una incapacidad igual o superior al 65%.
- Si se trata de orfandad absoluta, certificado de defunción del cónyuge del causante o libro de familia.
Si el mutualista no estaba jubilado, o no solicitó la pensión en el Fondo Especial de MUFACE, modelo CS de servicios prestados a la Administración. Se exceptúan los mutualistas del Montepío de la Organización Sindical, que deberán acompañar resolución del INSS de reconocimiento de pensión.
Normativa
Os dereitos e obrigacións de cada colectivo de mutualistas son os fixados nos respectivos Regulamentos, aínda que modificados no seu caso polos acordos de integración en MUFACE, e pola seguinte lexislación:
- Disposición Adicional Sexta do Texto Refundido da Lei sobre Seguridade Social dos Funcionarios Civís do Estado, aprobado por Real Decreto Lexislativo 4/2000, de 23 de xuño e a Disposición Adicional Primeira do Regulamento Xeral do Mutualismo Administrativo aprobado polo R.D. 375/2003. https://www.boe.es/buscar/act.php?ide=BOE-A-2003-7527
- Nos supostos non recollidos polos Regulamentos aplícase o R.D.L. 670/1987 polo que se aproba o texto refundido da Lei de Clases Pasivas do Estado. https://www.boe.es/buscar/act.php?ide=BOE-A-1987-12636