accesskey_mod_conten
Bar separa corpo da cabeceira

Incapacidade

Prestacións por Incapacidade

As prestacións por incapacidade que recoñece e xestiona MUFACE son as seguintes:

PROCESO E IMPRESOS DE INCAPACIDADE

​Incapacidade temporal (IT) e risco durante o embarazo

 

AVISO:

  • Publicouse unha nova normativa sobre a incapacidade temporal que afecta aos traballadores do Réxime Xeral da Seguridade Social, segundo a cal se elimina a copia da baixa por enfermidade da empresa. Esta norma, e a súa orde de desenvolvemento, non son de aplicación aos funcionarios de MUFACE, aínda que reciban atención sanitaria a través dos servizos públicos de saúde. Polo tanto, os facultativos seguirán emitindo os dous exemplares do modelo por conta de MUFACE, e mutualistas presentando na súa unidade de persoal o destinado á Administración.
  • A partir de abril de 2019, os partes non son compatibles con modelos máis antigos. Só son válidos os publicados nesta páxina. O parte debe entregarse nas unidades de persoal que o remitirán posteriormente a  MUFACE.

 IMPRESO PARTE DE BAIXA IT(Abre en nueva ventana)

CLASIFICACIÓN CIE-10-ES

Desde abril de 2019, MUFACE require a clasificación CIE 10-ES nos partes médicos de baixa, como codificación diagnóstica que substitúe á anterior CIE-9-MC. CIE-10 é o acrónimo da Clasificación Internacional de Enfermidades, 10ª edición. Edítaa a Organización Mundial da Saúde e determina a clasificación e codificación das enfermidades.

Exclusivamente para persoal médico,  aquí (Abre en nueva ventana) pode acceder á ferramenta do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social que funciona como buscador e como conversor de CIE-9-MC a CIE-10-ES.