accesskey_mod_conten
Bar separa corpo da cabeceira

Recoñecemento médico en caso de denegación de licenza por incapacidade temporal

Tipo de prestación

Incapacidade

De que se trata?

Un/unha mutualista pode solicitar a MUFACE un recoñecemento médico só cando se denegue a licenza de incapacidade temporal por informe do servizo médico do órgano do persoal. O propósito do devandito recoñecemento é dirimir a contradición entre o criterio do médico que atende ao mutualista que considera que debe estar de baixa, e o criterio do servizo médico do órgano de persoal, que recomenda o alta. O resultado da valoración confirmará a denegación da licenza por enfermidade ou, pola contra, a revogaraa e concederase nova licenza coa data da resolución revogada.

Contra a nova resolución pódese interpoñer o recurso procedente, sen que, en ningún caso, caiba instar unha nova valoración médica.

Prazo de presentación

A solicitude será presentada polo/a mutualista, con copia á súa unidade de persoal, no prazo máximo de dez días hábiles contados desde a data en que se lle comunicase a denegación da licenza, e non suspenderá os efectos da decisión denegatoria.

Lugar de presentación

1) A través da Sede Electrónica  de MUFACE, as 24 horas do día, todos os días do ano. Precísase certificado electrónico, DNI electrónico, Cl@ve permanente ou Cl@ve PIN. Pode rexistrarse en Cl@ve, sen necesidade de desprazarse a unha oficina, accedendo á Sede Eectrónica(Abre en nueva ventana) da Axencia Tributaria (apartado "Trámites Destacados/Cl@ve" - acceso a solicitude de Cl@ve(Abre en nueva ventana) ): Recibirá unha carta cun código que deberá activar na Sede Electrónica da Seguridade Social.

2) Mediante correo postal, cumprimentando o mencionado impreso oficial.

3) En calquera dos rexistros previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

4) Nas nosas oficinas, acudindo con cita previa. Vexa nesta ligazón como pode solicitar a cita no seu Servizo Provincial.

Documentación

A solicitude irá acompañada do parte de baixa e do resultado do recoñecemento médico en que se basea a denegación da licenza.

O mutualista poderá achegar na Unidade Médica de Seguimento o historial médico da súa situación de incapacidade temporal ou canta documentación médica considere oportuna. MUFACE trasladará ao órgano de persoal e ao mutualista o resultado do recoñecemento, que terá carácter vinculante.

Solicitude de recoñecemento médico (60  KB)Icono pdf

Solicitude Electrónica

Acceda agora para presentar a súa solicitude a través da  Sede Electrónica  (apartado "Mutualistas e Beneficiarios/Recoñecemento médico por incapacidade temporal").

Normativa

Orde PRE/1744/2010, de 30 de xuño(Abre en nueva ventana) , pola que se regula o procedemento de recoñecemento, control e seguimento das situacións de incapacidade temporal, risco durante o embarazo e risco durante a lactación natural no Réxime Especial da Seguridade Social dos Funcionarios Civís do Estado.