accesskey_mod_conten
Bar separa corpo da cabeceira

A nova web de MUFACE

 

A nova páxina web de MUFACE pretende ser un portal integral de servizos ao mutualista, unha canle áxil e flexible que facilite a consulta da información requirida en cada momento e simplifique ao máximo a realización de trámites, eliminando desprazamentos innecesarios.

Nesta nova páxina, que supera o anterior concepto de web institucional e pasa a ser esencialmente de servizos, titulares e beneficiarios van atopar, de forma máis directa e intuitiva, información completa de todas as prestacións e servizos que pon á súa disposición a Mutualidade. A tal fin, o deseño responde a unha estrutura que se ordena en función da importancia das consultas, en especial aquelas relacionadas coa protección da saúde.

Usabilidade, accesibilidade e fácil navegación para mellorar significativamente a localización da información e a realización dos trámites solicitados; acceso directo desde a home a todos os servizos, cadros médicos e guías (Asistencia Sanitaria no exterior, Incapacidade Temporal, Utilización de Medios de Urxencia…); comunicación directa coa Mutualidade por medios electrónicos.

En definitiva, unha ferramenta cuxo desenvolvemento forma parte do Plan de Impulso 2017-2020, e que esperamos sexa de gran utilidade para os nosos mutualistas e tamén para o persoal de MUFACE, porque este novo paso no proceso de modernización e dixitalización do organismo, para asentalo irreversiblemente no século XXI, debe servir para lograr un obxectivo que nos parece fundamental e do que nunca debemos abdicar: o contacto humano, a conexión persoal na nosa rede de oficinas, o coñecemento próximo dos problemas dos mutualistas. E todo iso grazas á xestión máis racional do tempo que nos permiten as novas tecnoloxías.

Queremos que esta páxina complemente e mellore a atención que dispensa a Mutualidade a través dos seus Servizos Provinciais, Oficinas Delegadas e Oficina de información ao Mutualista,  e que se constitúa nun instrumento vivo e directo de comunicación con todo o colectivo.

Grazas por acompañarnos nesta ilusionante tarefa.