accesskey_mod_conten
Bar separa corpo da cabeceira

Organigrama

MUFACE estrutúrase nos seguintes órganos

De participación no control e vixilancia da xestión:

De dirección e xestión:

A Dirección Xeral de MUFACE asume a representación legal do Organismo, así como as competencias de dirección, coordinación, xestión e inspección das actividades desenvolvidas para o cumprimento dos fins daquel.

No plano central, a Dirección Xeral estrutúrase nos seguintes órganos:

Ademais, existe unha Unidade de Apoio á Dirección Xeral de MUFACE, encargada de  dar soporte técnico á mesma, na que se integra a unidade de xestión do Plan de Pensións da Administración Xeral do Estado e unha Unidade de Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC) , que presta servizos ao organismo neste ámbito. 

No plano periférico, e de acordo coa distribución do colectivo de mutualistas e beneficiarios por todo o territorio nacional, MUFACE conta cun Servizo Provincial en cada unha das Provincias , así como en Ceuta e Melilla . Ademais, existen 6 Oficinas Delegadas.

Á fronte de cada Servizo Provincial e nos Servizos de Ceuta e Melilla existe un Director ou Directora Provincial,

Nesta etapa, os Directores e Directoras Provinciais cobran gran relevancia.  O Plan de Impulso aséntase sobre a existencia dun equipo directivo único, integrado por efectivos tanto dos servizos centrais como dos periféricos, polo que é necesario xerar unha cultura organizativa acorde con ese enfoque integrado e pór en marcha ferramentas que faciliten a coordinación funcional e territorial.

Organigrama (161  KB)Icono pdf