accesskey_mod_conten
Bar separa corpo da cabeceira

Axudas para estancias temporais en residencias asistidas ou en centros de día e de noite

Tipo de prestación

Axudas de protección sociosanitaria

De que se trata?

Axudas para estancias temporais en residencias asistidas e centros de día e de noite dirixidas a contribuír ao financiamento dos gastos orixinados polas devanditas estancias.

 

Contía

A contía mensual máxima, en función da capacidade económica sitúase entre 858,98 e 601,29 euros/mes, cun límite de tres meses no ano 2019.

As axudas configúranse como reintegro de gastos e concederanse en función da duración debidamente acreditada da estancia nos centros específicos.

A contía terá como límite o gasto realizado, se o mesmo foi inferior.

Beneficiario

Poden solicitar estas axudas aqueles mutualistas ou, no seu caso, os beneficiarios de MUFACE que padezan unha perda transitoria de autonomía acreditada e non poidan ser atendidos no seu domicilio durante todo ou parte do día.

Prazo de presentación

As solicitudes poden presentarse ata o 31 de decembro de 2019, inclusive.

Lugar de presentación

Nas nosas Oficinas de MUFACE ou en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Tamén pode presentar a MUFACE esta solicitude a través do Rexistro Electrónico Común (REC) da Administración Xeral do Estado. Para iso debe dispor de DNI electrónico ou certificado electrónico en vigor.

Documentación

Modelo de solicitude (204  KB)Icono pdf

Informe médico sobre alta hospitalaria (25  KB)Icono pdf

Declaración de rendementos (72  KB)Icono pdf

Declaración de pensións e prestacións (31  KB)Icono pdf

Declaración responsable (68  KB)Icono pdf

Normativa

Art.135 do Regulamento Xeral do Mutualismo Administrativo(Abre en nueva ventana) .

Resolución de 9 de abril de 2019  , da Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado, pola que se convoca a concesión de axudas de protección sociosanitaria durante o ano 2019 (BOE de 11 de abril 2019).