accesskey_mod_conten
Bar separa corpo da cabeceira

Asistencia Sanitaria en supostos de non afiliación

Tipo de prestación

Reintegro de gastos de asistencia sanitaria

De que se trata?

Prestación consistente no reembolso dos gastos producidos pola asistencia sanitaria recibida por un mutualista obrigatorio que, debendo figurar afiliado a MUFACE, non formalizou a súa adscrición e precisou asistencia sanitaria para sí ou os seus beneficiarios. Terá dereito ao reintegro pola asistencia sanitaria recibida desde a data de efectos da súa toma de posesión ou desde a súa incorporación obrigatoria a MUFACE.

Contía

A prestación de reintegro comprende os seguintes conceptos:

  • O custo da asistencia sanitaria recibida co mesmo contido que a prestada polas Entidades Médicas en aplicación do Concerto de Asistencia Sanitaria vixente.
  • O custo dos medicamentos e demais produtos farmacéuticos dispensados en réxime ambulatorio, menos a cantidade que correspondese achegar ao titular.
  • O custo total ou a axuda económica que corresponda nos casos de prestacións complementarias ( Orde APU/2245/2005, de 30 de xuño(Abre en nueva ventana) ).

Beneficiario

Os mutualistas en alta ou situación asimilada e os seus beneficiarios.

Prazo de presentación

O dereito ao recoñecemento destas prestacións prescribirá aos cinco anos, a partir da data da factura. A prescrición interromperase, ademais de pola reclamación ante a Mutualidade Xeral, polas causas ordinarias establecidas no artigo 1973 do Código Civil.

Lugar de presentación

Presencialmente ou por correo postal nos Servizos Provinciais ou Oficinas Delegadas de MUFACE, e tamén nos rexistros do art. 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro.

Adicionalmente, a través do Rexistro Electrónico Común ( REC), con certificado dixital ou DNI-E.

Documentación

  • Solicitude do funcionario na que faga constar unha breve descrición das causas polas que non formalizou a afiliación no seu momento oportuno.
  • Certificado do órgano administrativo competente que acredite a data de efectos da toma de posesión e as situacións administrativas en que se atopou o mutualista desde aquela data ata a actualidade.
  • Informe médico da asistencia recibida.
  • Factura dos gastos ocasionados.

Normativa

Concerto de Asistencia Sanitaria para 2022-20(Abre en nueva ventana) 2 4