accesskey_mod_conten
Bar separa corpo da cabeceira

Axudas para a atención de enfermos psiquiátricos

Tipo de prestación

Axudas de protección sociosanitaria

De que se trata?

Axuda económica destinada aos mutualistas e beneficiarios que padezan un proceso psiquiátrico crónico que faga necesaria a súa permanencia en ambiente controlado en hospitais, centros ou unidades psiquiátricas recoñecidas, sempre que non teñan dereito a asistencia sanitaria para esta continxencia, nin cuberta a prestación por outras vías.

Contía

A contía establécese nun máximo de 87,00 euros por día de internamento, co límite do custo abonado polo interesado.

Beneficiario

Os mutualistas en alta ou situación asimilada e os seus beneficiarios.

Prazo de presentación

As solicitudes poden presentarse ata o 31 de decembro de 2021, inclusive
.

Lugar de presentación

 

  • A través do Rexistro Electrónico Común (REC) da Administración Xeral do Estado as 24 horas do día, todos os días do ano, sen ter que acudir ás nosas oficinas. Requírese un certificado electrónico válido ou DNI-E 
     
  • Nas nosas Oficinas de MUFACE, siempre con cita previa,  ou en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.Tamén por correu postal.

 

Documentación

Modelo de solicitude (221  KB)Icono pdf

Instrucións para a súa formalización (68  KB)Icono pdf

Informe médico (36  KB)Icono pdf

Declaración responsable  (49  KB)Icono pdf

Declaración responsable axuda enfermos psiquiátricos crónicos (39  KB)Icono pdf

Normativa

Art.135 do Regulamento Xeral do Mutualismo Administrativo.(Abre en nueva ventana)

Resolución de 5 de maio de 2021 , da Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado , pola que se convoca a concesión de axudas de protección sociosanitaria durante o ano 2021 (BOE de  17 de maio  de 2021).