accesskey_mod_conten
Bar separa corpo dá cabeceira
01/05/2020

Aprazadas as axudas dentarias e oculares en papel

Debido ao estado de alarma, quedou inhabilitado o mes de maio para a solicitude de prestacións dentarias e oculares en papel, xa sexa presecnial ou por correo postal. O próximo mes habilitado é o de outubro.

Inhabilitado o mes maio para estas solicitudes

A posibilidade de efectuar a solicitude de prestacións dentarias e oculares en papel durante o mes de maio, quedou deshabilitada debido ao estado de alarma, xa sexa presencial ou por correo postal. Así se regula na Resolución de MUFACE con data do 29 de abril, que publica hoxe o BOE (pode vela na ligazón), onde se detallan os motivos desta medida. O principal, reforzar as normas de contención e illamento,  protexendo así a saúde das persoas e evitando riscos innecesarios.

Aprazado ata outubro

As persoas mutualistas afectadas pola medida, xa sexa por estar en situación de xubilación, ou por ser  voluntarias ou beneficiarias a título propio, poderán facer esta xestión en papel -tanto presencialmente como por correo postal- en outubro, que é o seguinte mes habilitado para iso.

MUFACE lembra que tamén se pode realizar a xestión, en calquera momento, a través da sede electrónica da Mutualidade,  https://sede.muface.gob.es/ . Para iso, é preciso contar con certificado dixital, DNI electrónico, ou a identificación  Cl@ve .

Rógase ás persoas mutualistas afectadas pola medida que, polo ben de todos e todas, non acudan ás nosas oficinas para tentar realizar esta xestión durante o mes de maio, pois non poderán levala a cabo e evitarán así aglomeracións innecesarias.