accesskey_mod_conten
Bar separa corpo da cabeceira

Quen somos

A Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado (MUFACE) é o organismo público encargado de prestar asistencia sanitaria e social ao colectivo de funcionarios adscritos. Créase pola Lei 29/1975, de 27 de xuño, sobre Seguridade Social dos Funcionarios Civís do Estado, coa finalidade de xestionar o sistema de Mutualismo Administrativo dos Funcionarios Civís do Estado.

A nosa organización

MUFACE é un Organismo Autónomo dependente do Ministerio de Transformación Dixital
e Función Pública a través da Secretaría de Estado de Función Pública, composto por:

  • Uns servizos centrais.
  • 52 direccións provinciais e oficinas delegadas de atención ao colectivo.

Ademais, dispón dos seguintes servizos:

  • A Oficina de Información ao Mutualista, mediante un servizo de atención telefónica  060 ,; ou mediante un formulario web , desde o que se accede tamen aos Servizos Provinciais.
  • Un espazo web, Muface (www.muface.es), desde o que se accede a servizos de prestacións, así como a diversa información.

MUFACE xestiona un potente conxunto de prestacións para a protección do seu colectivo, constituído por 1.500.000 persoas aproximadamente:

Para iso, conta cun considerable orzamento, ao redor dos 1.750 millóns de euros (2018) e, o máis importante, un persoal medio de 850 persoas que traballan cunha extraordinaria vocación de servizo público, cualificación e sensibilidade para resolver os problemas dos nosos mutualistas.

Ademais, intégrase en MUFACE  a xestión do Plan de Pensións da Administración Xeral do Estado, cuxo patrimonio se sitúa ao redor dos 640 millóns de euros e ten máis de 640.000 partícipes e beneficiarios, o que o sitúa como o maior plan de pensións de emprego de Europa por número de partícipes.

MUFACE traballa por e para a sociedade. A actividade que desenvolvemos céntrase en satisfacer as necesidades dos nosos mutualistas e as súas familias.