accesskey_mod_conten
Bar separa corpo da cabeceira

Con quen traballamos

 

MUFACE, como administración sanitaria integrante do Sistema Nacional de Saúde, na súa calidade de entidade xestora do Regimen Especial da Seguridade Social dos Funcionarios Civís do Estado, debe garantir o contido da carteira de servizos do Sistema Nacional de Saúde, así como as garantías sobre accesibilidade, mobilidade, calidade e seguridade, de acordo co disposto na súa normativa específica. Para cumprir con esta función, MUFACE traballa cunha pluralidade de actores, públicos e privados, que son os fornecedores do servizo aos mutualistas.

A través do convenio vixente co INSS, os mutualistas que elixen a asistencia sanitaria prestada polos 17 servizos autonómicos de saúde e o Instituto de Xestión Sanitaria para Ceuta e Melilla, reciben unha asistencia de calidade e son beneficiarios das actuacións e programas institucionais para a promoción e protección da saúde, prevención da enfermidade e rehabilitación.

Así mesmo os concertos con aseguradoras privadas facilitan a asistencia sanitaria a mutualistas e beneficiarios, coas mesmas garantías e calidade que a prestada polos servizos autonómicos de saúde.

Segurcaixa Adeslas , Asisa , e   DKV de acordo co concerto vixente, son os responsables de prestar a carteira común de servizos do Sistema Nacional de Saúde aos mutualistas que elixiron esta opción.

As nosas entidades concertadas teñen así mesmo unha rede de provedores de servizos sanitarios moi ampla para a atención dos mutualistas e dos seus beneficiarios, repartidos por toda a xeografía española,  entre outros:

Hospitais do Grupo HM

Centro Médico Teknon

Grupo Quirón Saúde

Hospitais Nisa

Clínica Corachán

Centro Médico Mollet.

IMQ Zorrotzaurre

Grupo Recoletas

Grupo Imed Hospitales

A actividade de MUFACE, que forma parte da acción conxunta das mutualidades administrativas, xunto co Instituto Social das Forzas Armadas,  ISFAS, e A Mutualidade Xeral Xudicial, MUGEJU , desenvólvese en coherencia coas pautas que establece o Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social para todo o Sistema Nacional de Saúde.

A colaboración, así mesmo, é constante cos profesionais sanitarios, e de maneira destacada, co Consello Xeral de Colexios Oficiais de Farmacéuticos de España e o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Médicos.

E, finalmente, traballamos con persoas. Persoas da nosa propia organización, empregados públicos que diariamente traballan para fornecer  un servizo de calidade e persoas que son os directos destinatarios do noso labor, que son os mutualistas e beneficiarios. Ambos tamén son MUFACE.