accesskey_mod_conten
Bar separa corpo da cabeceira

A web de MUFACE

BENVIDA

 

Estimado, estimada mutualista:

Dámoslle a benvida á páxina web da Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado (MUFACE).

A razón de ser de MUFACE, como administración e servizo público, é garantir a saúde e o benestar dos seus mutualistas e persoas beneficiarias. Ademais das nosas oficinas provinciais e delegadas no territorio nacional, esta páxina web é a nosa principal mesa virtual de interacción coas persoas ás que serve.

Este é un portal de servizos integral: a parte informativa sobre as nosas prestacións, dá acceso tamén á sede electrónica na que, cunha identificación, poderá interactuar dixitalmente para xestionar calquera tipo de trámite.

Para unha maior utilidade e eficacia, buscouse un deseño sinxelo da páxina, cuxo contido se estrutura en función da importancia dos servizos, de acordo coa súa relevancia para a protección da saúde. A xestión de contidos lévase a cabo por persoal da propia Mutualidade, que atende diariamente suxestións de mellora dos nosos servizos. O soporte tecnolóxico préstase desde a Secretaría Xeral de Administración Dixital.

Ao ser expoñente da transformación dixital da Mutualidade, a web debe ser un instrumento dinámico para achegar valor. Máis aló do cumprimento da legalidade, queremos que sexa accesible, usable e usada, e ademais aberta a todas as suxestións dos mutualistas a través da caixa de correos de Queixas, Suxestións e Felicitacións. Coñecer a súa opinión é imprescindible para mellorar a localización da información e a realización de trámites; permítanos coñecela para mellorar a Mutualidade. 

A posta en marcha desta web - en novembro de 2018- foi un dos retos cumpridos do Plan de Impulso 2017-2020, cuxo obxectivo foi pór en lugar primordial ás persoas. As persoas son e serán o obxectivo do noso proceso continuo de mellora da calidade.

Desde aquí agradecémoslle a súa colaboración como mutualista, e esperamos poder axudarlle a xestionar os seus asuntos con axilidade.

 

ENTRE NO PORTAL DE SERVIZOS DE MUFACE