accesskey_mod_conten
Bar separa corpo da cabeceira

Plan de Impulso 2017-2020

Ao longo de 2017, a Mutualidade elaborou o Plan de Impulso 2017-2020, unha estratexia para a transformación de MUFACE. Este plan establece os obxectivos estratéxicos, as  orientacións xerais e os proxectos que a entidade pon en marcha cunha clara vocación de culminar o seu cambio organizacional ao finalizar o período.

A planificación da actividade da Mutualidade agrúpase ao redor de dous obxectivos estratéxicos: mellorar o servizo prestado aos mutualistas e mellorar a xestión interna da Mutualidade.

MUFACE dótase, a través deste Plan, de doce principios que deben impregnar a súa xestión diaria.

  1.  Mellora das prestacións e servizos da Mutualidade.
  2.  Posta en valor do modelo MUFACE de colaboración público-privada.
  3.  Extensión do TIC, con incorporación dos servizos dixitais comúns da AGE.
  4.  Unidade de acción das tres mutualidades administrativas e establecemento de alianzas na contorna.
  5.  Mellora do posicionamento e visibilidade da Mutualidade.
  6.  Relevancia das persoas.
  7. Protección dos mutualistas e seguimento de execución dos concertos.
  8. Definición e seguimento do colectivo.
  9. Xestión eficiente dos recursos.
  10. Protagonismo das Direccións Provinciais.
  11. Simplificación e axilización de procedementos
  12. Redución da conflitividade

 

En concreto, os 25 proxectos recolleitos no Plan de Impulso como actuacións prioritarias para a Mutualidade son os seguintes:

  1. Provisión, a través da sede electrónica, dos servizos a disposición dos mutualistas de MUFACE.
  2. Tramitación automatizada dos procedementos, mediante a utilización das ferramentas TIC horizontais da Administración Xeral do Estado.
  3. Melloras na renovación de instrumentos da asistencia sanitaria.
  4. Prescrición e dispensación farmacéutica mediante receita electrónica.
  5. Dotar aos mutualistas e beneficiarios da Tarxeta Sanitaria Individual.
  6. Implementación dunha base de datos única de asegurados e beneficiarios de asistencia sanitaria con cargo a fondos públicos.
  7. Implementación da historia clínica dixital.
  8. Axilización do procedemento de reclamacións sanitarias no concerto nacional.
  9. Coordinación co teléfono 112 para a atención de urxencias.
  10. Implantación da plataforma MEDISAN.
  11. Mellora da accesibilidade ás sedes das Direccións Provinciais.
  12. Mellorar os procedementos e canles de xestión de colectivo.
  13. Mellora do posicionamento e visibilidade de MUFACE.
  14. Ordenación dos ingresos por cotizacións obrigatorias.
  15. Implantación dun consultor en liña sobre respostas ás cuestións de xestión.
  16. Racionalización e posta en valor do patrimonio inmobiliario da mutualidade.
  17. Melloras sobre recursos humanos e materiais.
  18. Dirección por obxectivos e complemento de produtividade nas Direccións Provinciais.
  19. Procedemento electrónico de prestacións dentarias e oculares.
  20. Mellora da tramitación das Incapacidades Temporais (IT).
  21. Reforma das axudas asistenciais.
  22. Reclamacións na comisión mixta sobre asistencia sanitaria no exterior.
  23. Canle rápida de atención ao mutualista.
  24. Conciliación e igualdade.
  25. Mellora organizativa das Direccións Provinciais.

 

Aquí atopará o Plan de Impulso de MUFACE.(Abre en nueva ventana)