accesskey_mod_conten
Bar separa corpo da cabeceira
08/11/2019

MUFACE garante o calendario de vacinación

Campaña de vacunación

MUFACE sae ao paso de noticias confusas sobre a campaña de vacinación 2019-2020 e lembra aos mutualistas que o sistema garante o cumprimento do calendario común vixente.

Cada entidade debe informar aos mutualistas

Ante a aparición de noticias confusas sobre a presente campaña de vacinación, MUFACE recorda aos mutualistas que o sistema garante o cumprimento do calendario común vixente desde 2018 .

 

No caso da vacina contra a gripe, os mutualistas de opción pública (INSS) deberán acudir ao seu centro de saúde. Os mutualistas adscritos a algunha das entidades concertadas - Asisa , DKV , SegurCaixa Adeslas e Igualatorio de Cantabria- deberán ir ao seu centro de referencia, e será o facultativo correspondente quen indique a administración da vacina aos pacientes incluídos nos grupos de risco.

 

Cada entidade debe informar aos mutualistas sobre o calendario, centros e horarios nos que se leva a cabo a vacinación, dispoñendo dos medios necesarios para levar a efecto os programas preventivos incluídos na Carteira de Servizos

 

No caso de que a Entidade aseguradora propoña a adquisición dalgunha das vacinas na Oficina de Farmacia, será sen receita médica. O mutualista deberá aportar o prezo íntegro da vacina e, posteriormente, coa factura da farmacia, solicitar o reintegro íntegro da mesma á Entidade á que estea adscrito.

 

En caso de dúbida, chamen ao seu Servizo Provincial, ou consulten pola nosa web ou pola App Muface có formulario da Oficina de Información ao Mutualista.