accesskey_mod_conten
Bar separa corpo da cabeceira

Afiliación e Xestión do Colectivo do Réxime do Mutualismo Administrativo

Base xurídica: 

Artigo 8.2 Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de  Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, en relación cos artigos 4, 7 a 9 e 15 da Lei sobre Seguridade Social dos Funcionarios Civís do Estado, aprobado mediante Real Decreto Lexislativo 4/2000, de 23 de xuño.

Fins do tratamento: 

Xestión das afiliacións, altas, baixas e variacións de datos dos mutualistas de MUFACE e os seus beneficiarios.

Categoría de interesados: 

Funcionarios civís do Estado, en activo e situacións asimiladas ou xubilados. Así mesmo, os seus familiares e asimilados que cumpran os requisitos esixidos para ser beneficiarios seus no Réxime do Mutualismo Administrativo.

Categoría de datos persoais: 

Datos de carácter identificativo: número de afiliación, apelidos, nome, documento de identidade (DNI, NIE, pasaporte), sexo, domicilio, correo electrónico, teléfono, teléfono móbil. Datos profesionais: Corpo administrativo, situación administrativa e Entidade de destino Datos de opción de fornecedor de asistencia sanitaria.

Categoría de destinarios: 

As unidades con responsabilidade en materia de Seguridade Social e Sanidade das distintas administracións públicas e organismos públicos dependentes delas.

Transferencias internacionais: 

Non existen.

Prazo de supresión: 

Sen límite (amparo legal).

Medidas de seguridade: 

As medidas de seguridade implantadas correspóndense coas previstas no Anexo II (Medidas de seguridade) do Real Decreto 3/2010, de 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridade no ámbito da Administración Electrónica e que se atopan descritas na Política de Seguridade da Información de MUFACE e as normas que a desenvolven (PSI de MUFACE).

Responsable/Representante: 

Secretaría Xeral de Muface: sg@muface.es

Delegado de protección de datos: 

Delegado de Protección de datos de MUFACE: Dpdmuface@muface.es