accesskey_mod_conten
Bar separa corpo da cabeceira
14/11/2019

MUFACE intégrase no teléfono 060

MUFACE integra a súa atención telefónica no servizo 060 a partir do 18 de novembro. Os usuarios deberán marcar este número para chamar á Oficina de Información ao Mutualista.

Reducirá as demoras e achegará valor á atención

O próximo 18 de novembro, MUFACE vai integrar a súa atención telefónica xeral no servizo 060 . A partir desta data, para chamar á Oficina de Información ao Mutualista os usuarios deberán marcar este número de teléfono, onde se ofrece información sobre trámites e servizos da Administración Xeral do Estado. Durante un tempo, os teléfonos que se utilizan actualmente informarán sobre este cambio a través dun contestador automático.

A integración no teléfono 060 é un paso máis de Muface no seu proceso de mellora da calidade do servizo ao mutualista. Con esta medida preténdense evitar as posibles molestias causadas pola demora na atención das actuais liñas de teléfono.

Gran capacidade de resposta

O 060 é un servizo da Administración Xeral do Estado xa consolidado e con gran capacidade de resposta. MUFACE impartiu a formación necesaria ao equipo do 060 para poder responder satisfactoriamente ás cuestións xerais suscitadas, xa que se analizaron as consultas dos últimos meses e moitas delas son relativas a cuestións básicas, que poden ser resoltas así con maior eficacia.

O valor engadido para o servizo está no amplo horario do servizo 060, que permite obter esa primeira información e que, no caso de ser necesario, posibilita acceder en horario laboral a operadores especializados da Oficina de Información ao Mutualista. Consérvase o valioso coñecemento do servizo anterior e, ao tempo, ofrécese un acceso máis fácil e rápido á información básica.Ademais, o 060 proporcionará  aos mutualistas soporte á navegación no sitio web de MUFACE e na xestión de prestacións na sede electrónica.

Outras canles de información

Os números de teléfono dos servizos provinciais seguirán sendo os mesmos. Ademais, pódense facer consultas a través do formulario da Oficina de Atención ao Mutualista, tanto na páxina web como na aplicación Muface para dispositivos Móbiles ( App MUFACE).