accesskey_mod_conten
Bar separa corpo da cabeceira
24/04/2018

Publícase no BOE o convenio MUFACE-A Rioxa.

Os mutualistas ingresados en residencias socio sanitarias terán acceso aos servizos de farmacia nas mesmas condicións que o resto de rioxanos.

Melloras para mutualistas ingresados en residencias

O pasado 28 de marzo o Boletín Oficial do Estado publicou o  Convenio subscrito entre a Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado (MUFACE) e a Consellería de Saúde do Goberno da Rioxa polo que se encomenda a esta a dispensación de medicamentos e produtos sanitarios en centros de asistencia social nesa comunidade autónoma.

Con este acordo, os mutualistas ingresados en residencias socio sanitarias da Comunidade Autónoma da Rioxa beneficiaranse, en condicións de igualdade respecto ao resto de residentes, do programa de dispensación de medicamentos implantado na comunidade, que xestiona a subministración de medicamentos aos ingresados nestas residencias desde os servizos de farmacia de determinados hospitais adscritos ao Servizo Rioxano de Saúde.

Deste xeito, os mutualistas beneficiaranse dos descontos no prezo dos medicamentos que se obteñan a través do Servizo Rioxano de Saúde, á vez que se promove unha xestión máis racional e eficiente da atención farmacéutica, ademais de lograrse un aforro no custo do financiamento público dos medicamentos, cuxo prezo é o que fixa en orixe o laboratorio de acordo cos criterios do Sistema Nacional de Saúde.