accesskey_mod_conten
Bar separa corpo da cabeceira

Subsidio por incapacidade temporal

Tipo de prestación

Incapacidade

De que se trata?

O subsidio de incapacidade temporal é unha prestación cuxa finalidade é compensar a minoración nas retribucións a partir do día 91º da situación de incapacidade temporal, cando o organismo deixa de abonar as complementarias. A situación de incapacidade temporal decláraa o órgano de persoal mediante a licenza por esta causa, baseándose nos partes de enfermidade que acreditan a asistencia sanitaria por MUFACE.

Contía

Nas situacións de incapacidade temporal o persoal funcionario ten os seguintes dereitos económicos:

  • Durante os primeiros noventa días, as retribucións establecidas na normativa vixente.
  • A partir do día nonaxésimo primeiro percibiranse:
    • As retribucións básicas.
    • Un subsidio por incapacidade temporal a cargo de MUFACE.

A contía do subsidio é fixa e invariable, e será a maior das dúas cantidades seguintes:

  • O 80% das retribucións básicas devengadas (soldo, trienios e grao, no seu caso), incrementadas na sexta parte dunha paga extraordinaria, correspondente ao terceiro mes da licenza;
  • O 75% das retribucións complementarias devengadas no terceiro mes da licenza.

O importe do subsidio non poderá ser superior ás retribucións complementarias íntegras correspondentes ao terceiro mes de licenza. Se a contía do subsidio resultase superior, o seu importe reducirase no exceso.

Requisitos

Ser mutualista en situación de incapacidade temporal e ter acreditado un período de seis meses cotizados ao Réxime Especial de Funcionarios Civís do Estado (período de carencia). En caso de non reunirse este período, pódense computar cotizacións a outros Réximes da Seguridade Social. Se a continxencia que provoca a situación de incapacidade é profesional (accidente en acto de servizo ou enfermidade profesional) non se esixe o período de carencia.

Información adicional

O dereito ao subsidio por incapacidade temporal nace a partir do día en que finalice o prazo de tres meses desde o inicio da situación de incapacidade temporal, é dicir, o día 91º.
O subsidio abonarase mentres dure a situación de incapacidade temporal e durante a prórroga dos efectos da mesma, sempre que se reúnan os requisitos esixibles para a súa percepción. (Duración máxima da IT: 24 meses; número máximo de mensualidades completas de subsidio de MUFACE: 21).

O subsidio extínguese, entre outras causas, por:

  • Finalización da licenza de enfermidade.
  • Xubilación.
  • Falecemento.
  • Transcurso do prazo máximo de duración: 730 días.
  • Incomparecencia aos recoñecementos médicos de seguimento da incapacidade temporal.

Acceda ao simulador para calcular o seu subsidio por incapacidade.

Quen teñen dereito

Os funcionarios e funcionarias a quen se lles haxa expedido un parte de baixa médica, que obtivesen a licenza por enfermidade ou accidente e que reciban asistencia sanitaria facilitada por MUFACE.

Prazo de presentación

A partir do día 91º en situación de incapacidade temporal poderá solicitarse o subsidio a MUFACE.

Lugar de presentación

Os medios para solicitar o subsidio de incapacidade temporal son os seguintes:

1)  A través da Sede Electrónica de MUFACE  ( acceso a guía(Abre en nueva ventana) ), as 24 horas do día, todos os días do ano. Precísase certificado electrónico, DNI electrónico, Cl@ve permanente ou Cl@ve PIN. Pode rexistrarse en Cl@ve, sen necesidade de desprazarse a unha oficina, accedendo á Sede Electrónica(Abre en nueva ventana) da Axencia Tributaria (apartado "Trámites Destacados/Cl@ve" - acceso a solicitude de Cl@ve(Abre en nueva ventana) ): Recibirá unha carta cun código que deberá activar na Sede Electrónica da Seguridade Social.

2) Na unidade de persoal do organismo onde presta servizos, cumprimentando o impreso oficial que aparece máis abaixo.

3) Mediante correo postal, cumprimentando o mencionado impreso oficial.

4) En calquera dos rexistros previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

5) Nas nosas oficinas, acudindo con cita previa. Vexa nesta ligazón como pode solicitar a cita no seu Servizo Provincial.

Documentación

Impreso de solicitude (241  KB)Icono pdf

Solicitude incremento IRPF voluntario (200  KB)Icono pdf

Impreso para cambiar a conta corrente (279  KB)Icono pdf

Modelo 145 do IRPF-Comunicación de datos ao pagadorVentana nueva

Se non se presenta o modelo 145 do IRPF, calcularase o tipo de retención sen ter en conta as súas circunstancias persoais e familiares (art. 88.2 do Regulamento do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas).

O órgano de persoal comunicará a MUFACE a licenza do cuarto mes xunto co certificado das retribucións básicas e complementarias devindicadas ao comezo do terceiro mes de licenza e das complementarias deixadas de abonar a partir do día 91º.

Información dirixida ás Unidades de Persoal

Nas ligazóns seguintes accédese ao modelo do certificado de retribucións proposto por MUFACE e ás instrucións para cumprimentalo.

Modelo de certificado de retribucións (943  KB)Icono pdf

Instrucións para cumprimentar o certificado de retribucións (56  KB)Icono pdf

Solicitude electrónica

Acceda agora para presentar a súa solicitude a través da Sede Electróncia (apartado "Prestacións Sociais/Solicitude de subsidio por IT, RE e RLN").

Normativa

Orde PRE/1744/2010, de 30 de xuño(Abre en nueva ventana) , pola que se regula o procedemento de recoñecemento, control e seguimento das situacións de incapacidade temporal, risco durante o embarazo e risco durante a lactación natural no Réxime Especial da Seguridade Social dos Funcionarios Civís do Estado.