accesskey_mod_conten
Bar separa corpo da cabeceira

Cl@ve

OBTENCIÓN DA IDENTIFICACIÓN CL@VE (PIN ou Permanente) PARA REALIZAR XESTIÓNS ELECTRÓNICAS EN MUFACE

¿Que é cl@ve?

A identificación Cl@ve serve para realizar todo tipo de solicitudes e trámites na sede electrónica de MUFACE, xa sexa na súa modalidade de Cl@ve Permanente ou na modalidade de cl@ve PIN, e ten a vantaxe de non precisar ningún certificado físico ou descarga de certificado no noso dispositivo. É útil para moitos outros servizos das administracións públicas.

¿Que identificación necesito para utilizar os servizos electrónicos de MUFACE?

Para os servizos da sede electrónica valen sen distinción Cl@ve Permanente, Cl@ve PIN, certificado dixital ou DNI electrónico.

Cl@ve PIN é o que debes utilizar en todo caso, non obstante, se queres facer solicitudes dentais ou oculares a través da APP.

¿Que debo facer para rexistrarme en cl@ve?

Cun só rexistro pódese utilizar tanto cl@ve PIN como cl@ve Permanente, aínda que este último require uns pasos adicionais para a súa activación, que podes ver en https://clave.gob.es/clave_Home/Clave-Permanente/ Preguntas_frecuentes. html.

Existen dous tipos de rexistro, segundo queiras nivel básico ou nivel avanzado. Recomendamos o nivel avanzado porque permite moitos máis trámites coas distintas administracións, aínda que en MUFACE é suficiente co básico.

Tipos de rexistro e canles para realizalo:

  • Inscrición Básica (non require desprazamento do mutualista).

• A través de Internet mediante videochamada

• A través de Internet cunha carta de invitación

  • Rexistro avanzado

• A través de Internet con certificado electrónico ou DNIe (sen desprazamento)

• Presencialmente nunha oficina de rexistro. Os nosos Servizos Provinciais son unha oficina de rexistro de cl@ve, pode solicitar cita previa e acudir a realizar o trámite. Hay además otras oficinas de registro.

Tes toda a información na páxina de Cl@ve Se tes algunha dificultade para rexistrarte ou posteriormente tes dúas canles específicas para consultar: