accesskey_mod_conten
Bar separa corpo da cabeceira

Bolsas de estudo con cargo ao Legado Casado de la Fuente

Tipo de prestación

Prestación de pago único.

De que se trata?

Forma parte do Programa de Acción Formativa.

Bolsas, financiadas con cargo ao "Legado Casado de la Fuente", para os fillos e fillas ou persoas orfas de mutualistas, mestres e mestras, en medios rurais, e que cursen en 2021/2022 estudos de Enxeñaría Agronómica Superior ou de Grao equivalentes.

Apróbanse por convocatoria anual de Muface.

Contía

Bolsas de pago único de 221,25 euros cada unha.

Requisitos

Poderán solicitar as bolsas:

Hijos e fillas ou persoas orfas de mutualistas que exerzan ou exercesen de mestres e mestras en medios rurais.

Cursen estudos de Enxeñería Agronómica Superior ou de Grao equivalentes, por ensino oficial, nas Escolas Técnicas Superiores de Enxeñeiros Agrónomos ou de estudos equivalentes.

Ser menor de 20 anos na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, se se solicita por primeira vez.

 

Quen se pode beneficiar das bolsas

Poderanse beneficiar destas bolsas o número de persoas solicitante indicado na convocatoria que, presentando a solicitude en prazo, obteñan mellores cualificacións, unha vez avaliados os datos académicos, e cumpran cos requisitos da convocatoria.

Plazo de presentación

Ata o 31 de outubro de 2022.        

Lugar de presentación

Nas nosas Oficinas de MUFACE ou en calquera dos rexistros a que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Tamén poden presentarse a través do Rexistro Electrónico Común  (REC), da Administración Xeral do Estado. Para iso, precisará certificado dixital ou DNI electrónico.

Documentación

BECA_LEGADO_CF_DPS_31004_GL.pdf(Abre en nueva ventana)

Leer más

Normativa

Resolución de 21/04/202 2, de MUFACE, pola que se convocan bolsas con cargo ao "Legado Casado de la Fuente", para o curso 2022/2023.